InicioEconomíaOs gandeiros rodean a Muralla por un prezo xusto para o leite:...

Os gandeiros rodean a Muralla por un prezo xusto para o leite: “Basta de espremernos”

O presidente de Agromuralla, José Luís Pérez, sinalou que o sector da gandaría vive "unha situación límite": "É imposible que dean as contas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis dun centenar gandeiros e outros tantos tractores, convocados pola asociación Agromuralla, rodearon este xoves a Muralla de Lugo en protesta polos baixos prezos que os gandeiros reciben polo leite e que, segundo denuncia, non cobren os custos de produción.

Na iniciativa, un carro tirado por dous bois que portaba un féretro cunha coroa na que se podía ler ‘Os ministros de agricultura non te esquecen’, simbolizou o declieve do sector “afogado” por estes baixos prezos “en orixe” nun contexto en de subida dos custos de pensos, combustible e electricidade.

Pola Ronda, os condutores dos tractores fixeron soar as súas bucinas, en tanto preto dun milleiro de gandeiros protestaban ante a Xunta. “Basta tamén de espremernos” ou “esiximos que se aplique a lei de cadea alimentaria”, son algunha das frases que se puideron ler nas camisetas negras, a modo de “loito”, que portaban os participantes.

En declaracións aos medios, o presidente de Agromuralla, José Luís Pérez, sinalou que os gandeiros viven “unha situación límite”. “Ofrecemos un produto de calidade que non vai a acorde ao que se paga, estamos cuns custos, a día de hoxe, para producir un litro de leite de 40 céntimos pero subindo dun día para outro, e o prezo de venda de media está en 32 céntimos e medio. Así é imposible que saian as contas“, sinalou.

Con respecto a ese “desfasamento”,dixo que sobreviven “tirando do aforrado, refinanciando débeda e atrasando pagos”. De feito, asegurou que “xa hai queixas de fabricantes de pensos que empezan a ver falta de pagamentos”.

Outro aspecto que agravia ao sector lácteo en Galicia é “a constante subida” do prezo da electricidade e do combustible. “Comparando na nosa explotación, o ano pasado, pasamos de pagar 450 euros de luz a 1.058 na última factura. Pasamos de pagar o prezo do concentrado a 28 céntimos a 33 céntimos hoxe”, sinalou para lamentar tamén a alza do prezo do combustible.

Pérez sinalou que a deste xoves é a primeira dunha serie de accións de protesta, xa que seguirán mobilizándose. “Isto é un comezo para que a administración tome conciencia do que está a pasar e se non vemos resposta haberá que seguir facendo presión”, ameazou.

Unha gandeira, dos centos que se sumaban ás protestas, afirmou que “é unha pena que o campo estea morrendo”. “Hai que darlle vida porque non pode ser que as grandes industrias estean a levarse todo e os gandeiros estean a arruinarse“, manifestou.

Na zona da delegación da Xunta de Galicia, ata tres furgonetas da Policía Nacional velaban por que non se producisen incidentes. Ademais tamén a Policía Local tentou controlar un tráfico que se vía superado pola presenza dos tractores.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...