InicioEconomíaLugo Monumental preocupada polas medidas que entran en vigor o martes para...

Lugo Monumental preocupada polas medidas que entran en vigor o martes para a hostalaría

Nun comunicado, Lugo Monumental sinala que o Executivo autonómico "contradí" as súas propias accións, xa que no pasado "con datos comparativamente peores que os actuais" non optaron por pechar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental —que a principios de agosto impugnara a validez do certificado covid ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia– expresou a súa “preocupación” ante a decisión da Xunta de reducir os aforamentos en hostalaría de non conseguir o aval xudicial para o certificado, como así foi finalmente.

Nun comunicado, Lugo Monumental sinala que o Executivo autonómico “contradí” as súas propias accións, xa que no pasado “con datos comparativamente peores que os actuais” non optaron por pechar.

“Entendemos que non se está mantendo unha perspectiva global da situación. Non se poden tomar medidas iguais en situacións diferentes, e aínda que non queremos minimizar a gravidade da situación, temos que pór de manifesto que os datos actuais son relativamente esperanzadores xa que, aínda que é certo que o nivel de contagios segue sendo alto, a presión asistencial non ten nada que ver”, explica a asociación.

Respecto das novas medidas que entrarán en vigor este próximo martes, a asociación defende que “non teñen moito sentido”, e pediu ademais que “non se establezan diferenzas entre os locais pola súa licenza”, senón utilizando “criterios obxectivos” como horarios, superficies ou outros elementos “con relevancia médica”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...