InicioEconomíaA Deputación axudará con 30.000 euros á Federación de Comercio "un dos...

A Deputación axudará con 30.000 euros á Federación de Comercio “un dos sectores máis castigados pola covid”

O presidente da Deputación, José Tomé destacou a importancia de colaborar con entidades como a Federación de Comercio, "dinamizando o tecido produtivo e apoiando as iniciativas de sectores que xeral riqueza e postos de traballo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo destinou un total de 30.000 euros á Federación de Comercio e así “axudar a un dos sectores máis castigados pola pandemia de covid-19”.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas López, asinaron este xoves, no Pazo de San Marcos, a renovación da colaboración económica entre as entidades, coa que o organismo provincial achega 30.000 euros para o mantemento do local da Federación e da oficina técnica de información e asesoramento ao comercio, que conta con oito traballadores.

José Tomé destacou a importancia de colaborar con entidades como a Federación de Comercio, “dinamizando o tecido produtivo e apoiando as iniciativas de sectores que xeral riqueza e postos de traballo”.

“Este convenio enmárcase no espazo de colaboración entre lopúblico e o privado que quere aproveitar a Deputación para favorecer o progreso social e económico da provincia. A achega verá multiplicado o seu efecto a través das súas iniciativas“, destacou Tomé.

“A maior parte dos comerciantes tiveron que pechar por completo por mor da pandemia. E o comercio desenvolve un traballo fundamental no sostén económico da provincia, polo que é necesario que as administracións públicas e as súas asociacións profesionais traballemos xuntos para favorecer a actividade comercial”, apuntou o presidente do ente provincial.

A Federación de Comercio explicou que esta oficina técnica é “unha vantaxe importante para os comerciantes da provincia, que se poden achegar en calquera momento a resolver calquera dúbida ou realizar calquera xestión ou trámite”. Entre os servizos prestados, a oficina –situada na Rolda da Muralla, 52– presta asesoría legal en materia de normativa, asesoramento e xestión na tramitación das reclamacións formuladas polos consumidores, información e tramitación de subvencións públicas de interese para o sector ou un apoio integral aos emprendedores.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...