InicioEconomíaOlalla Rodil denuncia o peche masivo de oficinas bancarias na provincia

Olalla Rodil denuncia o peche masivo de oficinas bancarias na provincia

O Bloque celebrou unha concentración simbólica diante da oficina do BBVA da rúa da Raíña contra os abusos bancarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego organizou unha concentración simbólica diante da oficina do BBVA da rúa da Raíña de Lugo denunciando os abusos bancarios, na que se esixiu ao Goberno de Estado como á Xunta de Galiza que apliquen medidas para frear esta dinámica empresarial.

A deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, destacou que o sector financeiro “está a deixar sen acceso á sociedade a un servizo fundamental, no que a través das reducións de horarios para tramitar de forma presencial e a priorización da atención telemática están expulsando a milleiros de persoas”.

No caso da provincia de Lugo, esta reestruturación do sector bancario vense levado con peches de oficinas. Segundo o BNG, pecharon máis de 100 oficinas xa, como por exemplo Samos, Begonte, ou o caso do Deutsche Bank da cidade de Lugo, “a única oficina de toda a provincia”.

Ante estas novas fórmulas de traballo da banca, a deputada destacou que “na anterior crise a banca foi rescatada con diñeiro público, o cal non devolveu nin un só euro, e para máis, agora exclúe a milleiros de persoas e concéntranse para asegurar un maior beneficio” dixo Rodil.

Desde o BNG impulsáronse iniciativas para garantir o dereito a seren atendidos a través das oficinas de xeito presencial e non limitar os dereitos como consumidores e usuarios, ao que Olalla Rodil fixo fincapé en que “temos dereito a ser atendidos por persoas e contar con servizos nas oficinas”

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...