InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo acollen con satisfacción os pasos na desescalada e...

Os hostaleiros de Lugo acollen con satisfacción os pasos na desescalada e piden axilizar as axudas ao lecer nocturno

No sector "hai certa satisfacción e hai esperanzas de empezar a traballar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, valorou os pasos anunciados este mércores polo Goberno galego e o Executivo Central para avanzar na desescalada do sector, do mesmo xeito que apremou á Xunta a axilizar a entrega das axudas para ao lecer nocturno.

Sobre o alivio de restricións, recoñeceu que no sector “hai certa satisfacción e hai esperanzas de empezar a traballar”, sobre todo no caso do lecer nocturno, posto que o novo marco permitirá igualar “os horarios da hostalaría en xeral”, que é o que viñan “solicitando” ao Goberno.

O montante establecido para as axudas ao lecer nocturno ascende a preto de catro millóns de euros “para os 400 establecementos que hai en Galicia”, engadiu, para lembrar que a Xunta xa conta cos 240 millóns de euros que puxo o Goberno central.

E isto é moi importante porque hai que dotar de liquidez a todos os establecementos, por unha banda ao lecer nocturno que estiveron pechados sen posibilidade algunha de abrir as súas empresas, de facturar, e do resto da hostalaría que con estas limitacións tampouco puideron”, sinala Real.

Cheché Real resaltou que 16 municipios da provincia de Lugo, a través da Xunta de Galicia, “van facer chegar axudas directas a empresarios de hostalaría” e “isto vai axilizar moito a chegada de liquidez”.

“Practicamente o cento por cento dos concellos da provincia deron axudas dunha ou doutra forma, ou axudas directas ou a exención de impostos e taxas para que a situación fose máis levadía”, resolveu.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...