InicioEconomíaLugo é a provincia galega na que máis baixa o paro

Lugo é a provincia galega na que máis baixa o paro

O descenso do desemprego é de case un 5%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 5.472 persoas en maio en Galicia en relación co mes anterior, un 3,2%, unha décima menos que a media estatal, ata situar o total en 165.306 desempregados, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Traballo e Economía Social. No caso de Lugo, é a provincia galega onde máis baixa o desemprego.

En comparación con maio de 2020, o paro caeu na comunidade galega nun total de 25.776 persoas, o que representa un descenso do 13,49%. No conxunto estatal, a diminución foi de 129.378 desempregados en maio (-3,3%) respecto de abril, o seu maior retroceso mensual de toda a serie histórica, que se inicia en 1996.

Por provincias, o desemprego reduciuse un 4,81% en Lugo, con 817 persoas menos nesta situación, o que deixou o total en 16.185 parados. Baixou un 3,17% na Coruña (2.172 parados menos, ata 66.363) e un 3,1% en Pontevedra (2.052 menos, ata 64.068). Por último, Ourense rexistrou un descenso do 2,25%, con 431 desempregados menos, ata 18.690.

Por sector de actividade económica, a diminución en 5.472 parados en toda a comunidade distribuíuse entre agricultura (-61), industria (-527), construción (-588) e servizos (-4.066). No colectivo sen emprego anterior, o desemprego caeu en 230 persoas en Galicia; mentres que entre estranxeiros alcanzou a 11.496 persoas, que son 420 menos que en abril (-3,52%) e 936 menos que en maio de 2020 (-7,53%).

MÁIS CONTRATOS

A comunidade galega anotouse un incremento dos contratos en maio, ata 66.533, que son 911 máis que en abril (+1,39%) e 35.660 máis que no mesmo mes de 2020 (+115,51%).

Deles, 6.385 foron indefinidos (1.078 menos que en abril, o que supón un descenso do 14,44%) e 60.148 temporais (1.989 máis, un aumento do 3,42%). No acumulado, son 303.812 contratos, a maior parte (268.880, o 88,5%) temporais.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...