InicioEconomíaAdvirten dun "paro indefinido" nas oficinas do BBVA de Lugo se a...

Advirten dun “paro indefinido” nas oficinas do BBVA de Lugo se a entidade non dá marcha atrás no ERE

"Non ten sentido botar á xente á rúa con estes beneficios milmillonarios", denuncia o presidente do comité de empresa en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa do BBVA na provincia de Lugo, Miguel Fernández, da CIG, anunciou que van estudar convocar un “paro indefinido” se a entidade bancaria non dá marcha atrás ao ERE co que pretende despedir a 3.800 traballadores en España, 122 en Galicia dos que nove son en Lugo, e o peche na comunidade de 22 oficinas, cinco delas na provincia lucense.

Para este mércores organizaron concentracións a partir das 18,00 horas ante as oficinas principais de Lugo, Ourense, A Coruña e Vigo. O sindicalista destacou que se seguirán mobilizando e estas concentracións serán a antesala da folga convocada para o mércores 26 de maio.

“Agardamos que a empresa mova ficha”, dixo á vez que lembrou que o que reivindican é “a retirada do ERE, que é inxusto porque os beneficios do ano pasado e deste primeiro trimestre son de máis de 1.200 millóns de euros”. “Non ten sentido botar á xente á rúa con estes beneficios milmillonarios. Isto non se pode consentir e por iso imos á folga o próximo 26”, apuntou.

Finalmente, advertiu que se o BBVA “non cambia de postura” e “retira o ERE” intensificaranse as mobilizacións e irase “cara a un paro indefinido, sempre en función de como actúe a empresa”.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...