Os traballadores de Alcoa retoman as mobilizaciós e piden xa que a SEPI interveña a planta

"Non podemos permitir que nos pase como aos compañeiros da Coruña e Avilés", advirten.

Un traballador sostén unha bengala durante unha nova manifestación convocada polo Comité de Alcoa na que cortan o tráfico na estrada N-642 e o acceso ao corredor C.G.2.3 á altura de Lago, en Xove, Lugo. Carlos Castro - Europa Press

O comité de empresa de Alcoa anunciou, despois da reunión que mantivo este venres coa dirección da multinacional para analizar a carta remitida á compañía polo Ministerio de Industria, o inicio inminente dun calendario de mobilizacións, para conseguir “que os políticos se mollen”.

Nese sentido, en declaracións aos medios de comunicación, o presidente do comité, José Antonio Zan, aclarou que os traballadores piden a participación da SEPI “porque é a garantía, o que realmente lle dá certeza a esta operación”.  En todo caso, lembrou que a participación da SEPI é “unha decisión política”, polo que os traballadores están dispostos a “ir a todos os sitios que teñan que ir para que digan o que teñan que dicir” e cumpran cos acordos aprobados tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento de Galicia.

Non podemos permitir que nos pase como aos compañeiros da Coruña e Avilés“, dixo Zan, quen insiste en que a SEPI ten que facer a operación, aínda que Alcoa debe empezar negociar co único comprador que hai neste momento, que é o grupo Liberty”, dixo.

CERTEZA

“Os políticos teñen que dar certdzx e non botar máis barro a algo que xa está suficientemente enfangado”, dixo Zan, quen tamén considera que calquera negociación debe desenvolverse cos plans industriais e enerxéticos sobre a mesa.

En canto ás mobilizacións, asegurou que serán convocadas dunha forma “intelixente” e pediulle á comarca da Mariña que se some a elas para demostrar “a súa forza”. “Temos que demostrar que temos esa forza, porque se non van pasar de nós“, lamentou. A próxima reunión do comité con Alcoa está prevista para o martes, día 18 de maio, e o comité espera que a multinacional se pronuncie e “diga si ou non” ao acordo de venda.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here