InicioEconomíaA Xunta decreta dúas concentracións parcelarias que reorganizarán máis de 2.000 hectáreas...

A Xunta decreta dúas concentracións parcelarias que reorganizarán máis de 2.000 hectáreas en Outeiro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves os decretos da Consellería do Medio Rural que declaran de utilidade pública dúas reestruturacións parcelarias en Outeiro de Rei que permitirán reorganizar máis de 2.000 hectáreas de superficie.

Segundo trasladou a Consellería do Medio Rural, a primeira concentración parcelaria afecta as parroquias de Arcos, Sobrada de Aguiar e San Lourenzo de Aguiar, mentres a segunda corresponde á parroquia de San Fiz de Paz.

Deste xeito, dá comezo a fase de bases, que comprende a investigación da propiedade e a clasificación de terreos para levar a cabo as dúas concentracións, que beneficiarán a 833 propietarios.

Estes procesos contan con apoio do Concello e os titulares das explotacións da zona. En concreto, nestas dúas áreas atópanse rexistradas 125 granxas, o que leva a necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias. Esta medida permitirá a ampliación da base territorial das granxas, o que favorecerá unha diminución dos custos de produción.

Estes son os dous primeiros decretos de reestruturación parcelaria publicados tras a entrada en vigor en 2015 da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga). Paralelamente, a Xunta buscará continuar o impulso destes procesos xunto á futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...