InicioEconomíaA Xunta quere que o Goberno central pague o aparcadoiro subterráneo da...

A Xunta quere que o Goberno central pague o aparcadoiro subterráneo da intermodal

Propón para o mércores unha reunión da comisión de seguimento da estación intermodal de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta acaba de propor que o mércores se celebre unha reunión da comisión de seguimento para a estación intermodal de Lugo, co obxectivo de “desbloquear” o proxecto no que tamén están implicados o Estado, a través do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), e o Concello.

Deste xeito, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego propuxo este encontro de carácter técnico para as 10,00 horas do mércores. Nesta reunión, a Xunta prevé reiterar as súas propostas para solucionar o principal asunto que “mantén bloqueada a colaboración entre administracións” para impulsar a terminal de Lugo: o financiamento do aparcadoiro subterráneo planificado por ADIF para a estación de tren, que se prevé situar baixo a de autobuses.

Neste contexto, a Administración galega considera que “a mellor opción” é que o Ministerio de Transportes financie a infraestrutura con cargo aos fondos europeos de reconstrución. Ademais, como alternativas, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reiterará a súa proposta de contribuír cun 10 por cento do custo da obra ou que o aparcadoiro se execute en superficie, o que o “abarataría considerablemente”.

Na reunión tamén participarán técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta co obxectivo de trasladar ao Concello o procedemento a seguir para descatalogar o edificio de Correos que se prevé demoler para construír o novo edificio ferroviario. De igual modo, a Consellería de Infraestruturas informará os avances na redacción do proxecto construtivo dá a nova estación de autobuses.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...