InicioSociedadeA Deputación aproba o seu plan de contratación para 2021, que ascende...

A Deputación aproba o seu plan de contratación para 2021, que ascende a 16,5 millóns

Prevese consignar preto de 900.000 euros en contratos de cultura, "un dos sectores máis afectados pola crise, sobre todo as artes escénicas, música e espectáculos ao vivo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o plan anual de contratación para 2021, “un documento de obrigada elaboración segundo a Lei de Contratos do Sector Públicos”, e cuxa contía total ascende a 16,5 millóns de euros.

Así o anunciou a portavoz socialista, Pilar García Prieto, quen detallou que en dito documento se reflicte “unha previsión estimativa dos procedementos de contratación de servizos, de subministracións e de obras que se van a desenvolver pola deputación ao longo de 2021”. García Porto concretou que o plan “prevé as actuacións a través das diferentes áreas” e que este ano a previsión do goberno provincial é que se van “aproximar ata os 200 contratos”.  

CULTURA

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do goberno tamén compareceu a vicepresidenta, a nacionalista Maite Ferreiro, que detallou que, dentro dese plan de contratación do 2021, para cultura consígnanse “preto de 900 mil euros”. Esta cantidade, precisou Ferreiro, “irá parar ao tecido cultural, un dos sectores máis afectados pola crise sobre todo no que ten que ver coas artes escénicas, coa música e os espectáculos en vivo, que non só afectan a creadores e creadoras senón a persoal técnico”.

“Na concreción das programacións traballaremos en colaboración con concellos, asociacións e centros de educación, coa intención de levar actos culturais a todas as parroquias, concellos e comarcas, adaptándonos ao que a situación sanitaria requira en cada momento e en cada lugar”, pormenorizou a vicepresidenta e responsable da área de cultura.

ROZA DAS ESTRADAS

Na mesma xunta de goberno aprobouse licitar o contrato de “roza” nas estradas provinciais para este ano e o próximo por máis de 2,6 millóns de euros. Confíase en iniciar os traballos de “roza” en xuño para telos rematados en “agosto”.

ÚLTIMAS

Morre un mozo de 27 anos tras saírse da vía e caer ao río

Un mozo de 27 anos faleceu este sábado tras sufrir unha saída de vía...

Decretada a posta en liberdade do profesor investigado por abusos a varias alumnas

A maxistrada do Xulgado de Instrución número tres de Lugo decretou a posta en...

Deputados provinciais do PP lugués visitan Altri e tildan de “irresponsabilidade” a ausencia de BNG e PSdeG

Deputados provinciais do PP de Lugo visitaron a sede de Altri en Portugal para...

Detida unha parella en Lugo por subtraer o cartón ao avó dela e retirar case 12.000 euros

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, detiveron a unha parella...