Home Economía A simbólica protesta dos hostaleiros: rompen pratos porque non queren pagar ‘os pratos rotos’

A simbólica protesta dos hostaleiros: rompen pratos porque non queren pagar ‘os pratos rotos’

0
A simbólica protesta dos hostaleiros: rompen pratos porque non queren pagar ‘os pratos rotos’
Protesta de representantes do sector hostaleiro ante a residencia oficial de Feijóo en Monte Pío | Arquivo: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Hostalaría de España, xunto con Hostalaría Madrid e a Asociación Madrileña de empresas de restauración (AMER), realizaron un acto simbólico de protesta rompendo pratos diante do Ministerio de Facenda, para protestar sobre a dramática situación que atravesa o sector.

En concreto, nesta acción de protesta bares e restaurantes volveron denunciar que seguen pagando os pratos rotos, debido á falta de axudas directas e á criminalización, converténdose nun dos máis afectados as restricións impostas desde os distintos gobernos nacional e autonómicos.

Este acto reivindicativo e de protesta celebrouse de forma simultánea en distintas provincias como Navarra, Valladolid, Cantabria, Murcia, Almería, Segovia, Ávila, A Rioxa, Cidade Real, Lugo ou León, entre outras. Na Coruña, a Asociación Provincial de Hostalaría sumouse ao manifesto.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here