InicioEconomíaFriol habilita 55.000 euros de axudas para a hostalaría e o comercio

Friol habilita 55.000 euros de axudas para a hostalaría e o comercio

Os establecementos non terán que abonar as taxas municipais neste primeiro trimestre e os locais hostaleiros recibirán unha subvención directa de 1.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Friol habilita dúas partidas económicas por un total de 55.000 euros para apoiar con axudas a hostalaría e o comercio do municipio, afectados polas restricións da pandemia. Segundo explica o goberno local, trátase dun primeiro paquete de medidas, que será aprobado nos vindeiros días.

As axudas inclúen a bonificación do 100% das taxas municipais do primeiro trimestre do 2021 para todos os establecementos cuxa actividade estea asentada en Friol. Ademais, os negocios hostaleiros beneficiaranse dun fondo por valor de 30.000 euros co que se subvencionará de forma directa, con 1.000 euros, a cada un dos afectados deste sector.

Nos vindeiros días publicaranse as bases onde se informará aos interesados pertencentes ao sector hostaleiro como proceder para acollerse a dita axuda. Respecto aos demais negocios, non será preciso xestión algunha por parte dos mesmos, dado que a bonificación das taxas municipais executarse de maneira automática no primeiro recibo deste trimestre.

“Unha vez avancemos no tempo e vaiamos vendo se mellora a situación ou non, valoraremos activar unha segunda liña de apoio“, avanzou o equipo de goberno, dirixido por José Ángel Santos. “É un momento moi duro para toda a sociedade, pero especialmente complicado para o sector da hostalería. Dende o Concello debemos apoialos poñendo o noso gran de area para que os negocios que temos no municipio non se vexan tan afogados economicamente e tamén para tratar de evitar o peche dalgúns deles”, comentou o rexedor local.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que...

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións...