InicioSociedadeA Deputación esixe á Xunta destinar 220 millóns a entidades locais e...

A Deputación esixe á Xunta destinar 220 millóns a entidades locais e sectores máis afectados

A proposta foi aprobada en sesión plenaria cos votos en contra do PP.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo esixe, segundo quedou aprobado este martes no pleno ordinario do mes de xaneiro, que a Xunta de Galicia “destine os 220 millóns de euros dos fondos extraordinarios, que xa recibiu do Goberno central, ás entidades locais e os sectores económicos máis afectados” pola pandemia de coronavirus.

Así se ratificou nun pleno -celebrado de forma telemática- co apoio dos representantes do PSdeG e o BNG, e que contou cos votos en contra do PPdeG.

A institución provincial reclámalle ao Executivo autonómico que inclúa nos seus orzamentos para 2021, “polo menos 100 millóns de euros para os concellos, que non recibiron nada ata o momento”, co obxectivo de que poidan facer fronte á crise sanitaria, e que destine, doutra banda, 120 millóns de euros á creación dunha liña de axudas para os sectores máis afectados polas restricións.

Na proposta tamén se inclúe a petición á Xunta de que rebaixe a presión fiscal sobre os sectores afectados, “eliminando ou bonificando o tramo autonómico do IRPF e o canon da auga, do lixo e eólico”.

O órgano provincial solicitou ademais “unha mesa institucional interadministrativa” na que se negocien as axudas, así como a inclusión nos decretos de restricións sanitarias o volume de axudas para facer fronte ás consecuencias da crise do coronavirus de Galicia”.

EMENDA DO PP

“Rexeitan a emenda do PP para que a Deputación deseñe e execute un plan de reactivación que acompañe ao Executivo autonómico e a outras administracións na tarefa de velar polos intereses da economía lucense”, criticou pola súa parte o voceiro popular,  Javier Castiñeira.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...