InicioEconomíaA compañía R terá que pagarlle 240 euros a un lucense por...

A compañía R terá que pagarlle 240 euros a un lucense por quitar da subscrición os partidos de 2ª División

O cliente acudiu a Facua para tramitar a súa denuncia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto Galego de Consumo emitiu unha resolución pola que a operadora de telecomunicacións R, agora en mans da vasca Euskaltel, deberá abonar a un cliente unha compensación de 20 euros mensuais durante un ano (240 euros en total) por eliminar do servizo contratado a emisión dos partidos da Segunda División de fútbol (Liga Smartbank).

Diso informou a asociación de consumidores Facua Galicia, encargada de xestionar a reclamación por parte do cliente, veciño de Lugo, que contratara os servizos da operadora cunha oferta que, entre outros servizos, incluía a emisión dos partidos da categoría de prata do fútbol español.

Con todo, explica a asociación, durante os primeiros meses do inicio da competición na tempada a operadora informou o seu cliente que xa non dispuña dos dereitos de emisión dos partidos de Segunda pero ofrecíalle a opción de contratar por 19,99 euros a subscripción a unha plataforma (MiTele Plus, propiedade de Mediaset) que acababa de facerse co servizo para a súa distribución en exclusiva desta competición.

Ante esta situación, o cliente solicitou unha compensación á operadora por valor dos 20 euros mensuais que custaba o paquete de partidos. Tras ser rexeitada a súa petición, acudiu a Facua, que tramitou a reclamación ante o Instituto Galego de Consumo.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...