InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo preguntarán á Xunta como será a repartición de...

Os hostaleiros de Lugo preguntarán á Xunta como será a repartición de axudas ao lecer nocturno

Din que a situación do sector é "moi complicada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, avanzou que, na reunión que manterán coa Xunta o xoves, preguntarán “como se fará a repartición” deses cinco millóns de euros de axudas ao lecer nocturno avanzadas polo Goberno galego para paliar a situación postcovid.

Real lembrou que, desde hai dous meses, manteñen “conversacións” co goberno galego para “falar deste subsector da hostalaría que leva pechado, por decreto por así dicilo, catro meses”. Neste sentido, o empresario lucense celebra o compromiso da Xunta de expedir axudas por cinco millóns de euros e expresa o seu “agradecemento” por este xesto.

Este martes reuniranse en Santiago representantes do catro asociacións provinciais galegas para “falar” das “formulacións” que levarán á reunión do xoves con representantes do executivo presidido por Alberto Núñez Feijoo.

En particular, os hostaleiros queren ver “como se fai a repartición”. “Seguramente haxa dous ou tres opcións para ver cal é a mellor. Calquera tipo de axuda que chegue será ben recibida porque a situación do lecer nocturno é crítica porque salvo o concello de Lugo, que chegamos a un acordo coa alcaldesa para poder abrir os establecementos que quixesen en horario de bares ou restaurante ata a unha da mañá, é que levamos catro meses pechados e isto fai que a situación sexa moi difícil”, advertiu.

Se a situación do sector de hostalaría “é difícil”, Real recoñeceu que a “do lecer nocturno é moitísimo peor, porque non poden abrir”. “Estamos a pelexar en varias frontes”, conclúe o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...