InicioSociedadeA hostalaría de Lugo urxe á Xunta a concretar axudas logo de...

A hostalaría de Lugo urxe á Xunta a concretar axudas logo de 5 meses “sen ingresos”

Celebran o borrador anunciado pero sinalan que "hai que esperar a ver a letra pequena".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, apremou á Xunta a que concrete as axudas ao lecer nocturno, tras coñecer que o Goberno autonómico conta cun borrador dun plan para a reactivación do sector.

Cheché Real congratulouse dese “borrador” pero incide que “o que hai que ver son as contías”. “Hai que esperar a que se publique no Diario Oficial de Galicia (DOG) e logo ver toda a letra pequena, as formas de acceder ás axudas, de que maneira e a contía”. Na provincia de Lugo este tipo de locais ascende a uns 300, que darían traballo a un mil persoas.

O empresario lucense apelou a que este tipo de establecementos “levan case cinco meses sen ter ningún tipo de ingreso, salvo ese mes e medio que abriron”. “A xente aínda ten medo a entrar nos nosos establecementos, aquí sempre animamos a que se perda ese medo, que se cumpran todos os protocolos (sanitarios), como fai a inmensa maioría dos establecementos salvo algunha ovella negra que habería que apartar”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...