InicioEconomíaA hostalaría luguesa estuda recorrer o fallo do TSXG sobre o peche...

A hostalaría luguesa estuda recorrer o fallo do TSXG sobre o peche do lecer nocturno

Na cidade de Lugo son uns 60 locais nocturnos afectados por estas restricións e prevese que participen nunha manifestaciónconvocada para o 9 de setembro na Praza de Cibeles de Madrid. Tamén se busca que ese día todo o sector de hostalaría peche durante unha hora, de 11,00 a 12,00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, indicou que os servizos xurídicos de Hostalaría de España estudarán recorrer o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que apoia as restricións impostas pola Xunta ao sector.

O recurso, aclarou o empresario, faríase precisamente a “través de Hostalaría de España, que é quen está a presentar estes recursos en máis sitios, como Cantabria, País Vasco ou Andalucía”.

O TSXG apoiou as restricións á hostalaría e o uso da máscara obrigatorio en dous autos este martes, que denegan a medida cautelarísima solicitada polas asociacións provinciais de Hostalaría e Turismo de Lugo e A Coruña e a federación provincial de Pontevedra, que reclamaban a suspensión da aplicación da orde da Consellería de Sanidade de 15 de agosto de 2020.

En concreto, facían fincapé no peche do lecer nocturo. Cheché Real sostén que no sector seguen “sen entender” estas medidas restritivas impostas por Sanidade.

Con todo, o que destaca do fallo é que “a resolución pon que contempla o dano económico absoluto que se lle está facendo alos negocios de hostalaría”. “Isto é importante e podémolo utilizar no momento que pidamos axudas”, incidiu.

Real engadiu que están “indignadísimos” porque non se deixe abrir a estes establecementos do lecer nocturno ata a unha da mañá, sen pista de baile e sen música”. “Non entendo por que non se lles permite porque moitos deles poden funcionar como cafetarías: vas alí a tomar un café pola mañá ou tomar un aperitivo pola tarde. Só pedimos que se lles deixe traballar ata a unha da mañá”, reclama.

Na cidade de Lugo son uns 60 locais nocturnos afectados por estas restricións e prevese que participen nunha manifestaciónconvocada para o 9 de setembro na Praza de Cibeles de Madrid. Tamén se busca que ese día todo o sector de hostalaría peche durante unha hora, de 11,00 a 12,00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...