InicioEconomíaUnha multinacional inglesa amosa o seu inteese por mercar a fábrica de...

Unha multinacional inglesa amosa o seu inteese por mercar a fábrica de Alcoa na Mariña

Alcoa mantense na súa posición de non vender a fábrica de aluminio coas cubas de electrólise operativas.

PUBLICADA O

O presidente do comité de empresa de Alcoa San CibraoJosé Antonio Zan, confirmou, en base á información facilitada pola Subdelegación do Goberno en Lugo e o Ministerio de Industria, que a multinacional mantivo “varios contactos” cunha empresa interesada en comprar a fábrica de aluminio. Trataríase de Liberty House, segundo concretaron os sindicatos. En principio, a compañía mantense na súa posición de non vender a instalación coas cubas de electrólise operativas. Ademais, rexeita por agora falar da refinería de alúmina.
Zan confirmouno nun xoves no que se celebra unha nova reunión coa dirección de Alcoa, nun restaurante de Lugo, dentro do proceso de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que podería deixar na rúa a 534 traballadores da planta de aluminio ademais de suprimir outros 400 contratos nas empresas auxiliares.
“Alcoa o que di é que non hai nada concreto, pero mentiunos claramente, porque igual non concretaron ningún prezo nin chegaron a acordos definitivos, pero si abriron contactos coa empresa” interesada na adquisición da factoría, lamentou Zan. Máis información no Xornal da Mariña.
+ posts

ÚLTIMAS

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...