InicioEconomíaCheché Real, presidente dos hosteleiros lucenses: "Por catro ou cinco irresponsables non...

Cheché Real, presidente dos hosteleiros lucenses: “Por catro ou cinco irresponsables non temos que pagar o resto”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo (APEHL), Cheché Real, asegurou que os profesionais e empresarios deste sector van estar vixiantes para que “por catro ou cinco” que se comportan de maneira “irresponsable e incumpren as normas de prevención fronte ao Covid19 non teñan as autoridades que pechar todos os establecementos”.

En declaracións a Cope Lugo, Cheché Real informou de que a propia Xunta recoñeceu que os locais de lecer nocturno de Galicia “teñen un comportamento exquisito”. “Están absolutamente preparados e empeñados en que nos seus establecementos non se produza ningún tipo de desmán en canto ao cumprimento da normativa hixiénico sanitaria”, indicou.

Nese sentido, tamén recoñeceu en declaracións á Cope que “hai algún establecemento, que nin sequera é de lecer nocturno, que está a incumprir ese tipo de medidas”, polo que dixo que “contra eses é contra os que hai que actuar”.

De feito, dixo que non é só cousa da policía, senón que “o propio sector vai estar á espreita para evitar que por culpa de catro cinco, as autoridades sanitarias non se vexan obrigadas a pechar todos os establecementos”.

Ademais, lembrou que “os empresarios de hostalaría e os seus colaboradores tamén teñen familia” e “despois de estar con grupos de xente de todo tipo, teñen que volver ás súas casas”, de modo que para evitar riscos teñen que “cumprir escrupulosamente as medidas de prevención”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...