InicioEconomíaO xulgado constata as "irregularidades" de Novafrigsa respecto dos falsos autónomos

O xulgado constata as “irregularidades” de Novafrigsa respecto dos falsos autónomos

CC.OO-Industria informa de que unha sentenza considera que non se cumprían os requisitos para considerar estes "socios traballadores" verdadeiros autónomos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Industria de Comisións Obreiras (CC.OO) en Galicia vén de informar que o Xulgado do Social nº3 de Lugo recoñeceu a existencia de relación laboral entre os máis de 250 “socios traballadores” que a empresa Servicarne mantiña traballando no centro de procesado vacún Novafrigsa (Lugo), filial de Coren. A sentenza recoñece “irregularidade tras irregularidade” nas condicións do traballo destes “falsos autónomos“, como asegura CC.OO.

Segundo a resolución xudicial, non se cumprían os requisitos para considerar estes traballadores verdadeiros autónomos, xa que tiñan prohibido traballar para outras empresas que non fose esta filial do grupo Coren. Así mesmo, a falsa cooperativa dificultaba a participación dos supostos “socios traballadores” nos órganos de decisión: coa convocatoria das asembleas en días laborais e a non concesión de permisos retribuídos para asistir ás mesmas. Segundo CC.OO., entre o 2013 e o 2016 só participaron nestas asembleas o 2’23% dos socios e socias de Servicarne.

A decisión do xulgado lugués ampárase noutra sentenza previa ditada en León contra Embutidos Rodríguez por mor dunha situación similar denunciada por este sindicato. Para Comisións Obreiras-Industria, isto ten que servir para que “as poucas empresas que aínda operan con falsas cooperativas de traballo asociado” na produción de carne “abandonen este modelo fraudulento, que precariza as condicións de traballo e supón unha competencia desleal dentro do sector cárnico”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...