InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo non están dispostos a abrir para atender unicamente...

Os hostaleiros de Lugo non están dispostos a abrir para atender unicamente as terrazas

A Apehl tacha de "despropósito" as medidas do plan de desescalada do Goberno e di que só conducirán ao paro e á precariedade no sector.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Provincial de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) acordou co sector cuestionarse a apertura dos locais se as medidas do Goberno non cambian de aquí ao 10 de maio.

En declaracións a Europa Press, o presidente dos hostaleiros lucenses, Cheché Real, afirmou que “non podemos ter aberto todo un espazo para traballar unicamente con tres mesas, no mellor dos casos”. Real tamén engadiu que “os gastos de luz, auga, gas, salarios, aluguer e seguridade social son incompatibles” coas medidas que propón o Goberno central e cualificounas de “despropósito“.

Desde a Asociación Provincial de Hostalaría “albergan unha esperanza a nivel nacional” de que se recapacite “para incluír algunha medida e restrinxir outras”. En calquera outro caso, o presidente asegurou que “ao único ao que van conducir” as medidas de desescalada expostas será ao paro e á “precariedade”, tanto a empresas como a empregados.

Así as cousas, Cheché Real fixo un rogo “ao Goberno para que conte coa hostalaría” e para que a deixe “participar na reapertura”. Segundo el, os hostaleiros son “os técnicos”: “Podemos e debemos axudar o Goberno nos plans de reapertura”. “Estamos en disposición e anhelando participar nas mesas de traballo”, finalizou.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...