InicioSociedadeA CEL entregará en abril a Medalla de Ouro a título póstumo...

A CEL entregará en abril a Medalla de Ouro a título póstumo a Jesús Lence

A súa filla e sucesora, Carmen Lence, será a encargada de recibir esta homenaxe "merecidísima", segundo dixo o secretario da Confederación de Empresarios de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) informou de que fará entrega a principios de abril da Medalla de Ouro a título póstumo para Jesús Lence, fundador do grupo Leche Río. O acto de recoñecemento por parte da patronal lucense desenvolverase en Chantada, coa presenza da filla do finado empresario.

O secretario xeral da CEL, Jaime López, asegurou que se trata dunha homenaxe que se lle fixo a “moi pouca xente”, pero “Jesús é digno e merecedor” dun recoñecemento “que non quixo recibir en vida”.

Segundo o secretario da CEL, a entrega da Medalla de Ouro é un xesto de gratitude pola contribución de Lence á hora de “mellorar a situación económica e deportiva da nosa cidade e da nosa provincia”. “É unha obriga pola nosa banda”, admitiu López.

Será a súa filla e sucesora, Carmen Lence, a encargada de recibir esta homenaxe da patronal lucense a título póstumo.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...