InicioEconomíaA xustiza avala a decisión da Xunta de impedir o alugueiro de...

A xustiza avala a decisión da Xunta de impedir o alugueiro de pisos turísticos por estancias

O Tribunal Supremo fallou a favor da normativa galega e desestimou o recurso interposto pola Avogacía do Estado e pola Comisión Nacional dos Mercados e Competencia (CNMC).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo dálle a razón ao Goberno galego e anula a sentenza emitida o pasado mes de outubro de 2019, que invalidaba un dos aspectos da norma galega para este tipo de aloxamentos referido á obriga de alugar a vivenda de forma íntegra. Así pois, impediría o alugueiro de pisos turísticos por estancias.

Con este fallo, a Xustiza desestima o recurso interposto pola Avogacía do Estado e pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), contrarios ao Decreto 12/2017, de 26 de xaneirode ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.

Podes ler a información completa no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...