InicioEconomíaJosé Tomé: "O AVE chegará a Lugo"

José Tomé: “O AVE chegará a Lugo”

Responde así ás críticas do PP e da Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente provincial mostrouse convencido de que o AVE “chegará a Lugo cando dixo o presidente do Goberno”, Pedro Sánchez. Deste xeito, Tomé respondeu ao delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, quen este luns o negou alegando que en realidade será “unha lanzadeira” que unirá Lugo coa liña do AVE a Ourense.

“O que non vai pasar co AVE é o que di Balseiro, porque hai que lembrar que aquí está sen facer o que prometeu Feijóo fai dez anos, de que se Zapatero non traía o AVE a Lugo el faríao co orzamento da Xunta. E non o vin aínda ese AVE, o resto si vai chegar a Lugo”, suliñou.

Finalmente, o presidente da Deputación confirmou que, contrariamente ao anunciado pola súa homóloga en Pontevedra, si acudirá ao Parlamento de Galicia para presentar os orzamentos provinciais. “Irei a esa casa onde traballei o que puiden xunto cos meus compañeiros por Galicia e iremos alí a explicar a orientación que lle queremos dar aos orzamentos da Deputación”, suliñou.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...