InicioEconomíaO PP alerta do "problema" de seguridade no Garañón polas fotos que...

O PP alerta do “problema” de seguridade no Garañón polas fotos que se soben ás redes sociais

A alcaldesa apela á responsabilidade tras advertir de que o obxectivo é derrubalo, pero é "un procedemento complexo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do PP no Concello de Lugo, Ramón Carballo, alertou do “problema” de seguridade que expón a urbanización do Garañón, paralizada pola Xustiza, despois do incendio que se declarou hai semanas na planta baixa e polas fotos que soben mozos ás redes sociais.

Esta urbanización está a ser investigada pola titular do xulgado de instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, que mantén imputados o ex-alcalde Xosé López Orozco e o ex-concelleiro de urbanismo José Ramón Gómez Besteiro. Unha causa, que segundo fontes xudiciais, xa está practicamente lista para sinalar xuízo.

Carballo lembrou que “houbo un acordo no mandato pasado onde todos os grupos políticos estaban de acordo en tomar unha serie de medidas para devolver á legalidade esa situación e de deixar a maior zona verde posible para beneficio dos lucenses”.

“Iso é o que pedimos e que se tomen medidas por parte do concello, porque aquilo é un problema de seguridade para moitos lucenses que se meten alí a facer certas actividades como botellóns e é por iso que o Concello ten que tomar medidas para que non teñamos unha desgraza no Garañón”, dixo.

ALCALDESA

A alcaldesa, Lara Méndez, puxo de manifesto con respecto a esta urbanización que “do que se trata é de darlle solución”. “Hai unha finalidade clara que é derrubar o Garañón e, por tanto, é un procedemento complexo, arduo e hai que seguir todos os pasos rigorosamente”, sinalou.

Así, incidiu en que “hai que ir escrupulosamente gardando os tempos e o procedemento, e o obxectivo do Goberno é a derriba e mentres tanto hai que buscar a máxima protección, pedindo sempre esa responsabilidade á cidadanía para evitar males maiores e unha traxedia”.

Á súa vez, Méndez puntualizou que o consistorio “sempre pon medidas de seguridade para evitar o acceso, que son vulneradas por unha banda ínfima da cidadanía”. Por iso, apelou “a esa responsabilidade de non ter que despois lamentar males maiores”. “Imos seguir traballando para que esa seguridade sexa a maior posible”, comprometeu.

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...