InicioDeportesSétima edición da Subida á Pontenova

Sétima edición da Subida á Pontenova

A sétima edición da cita do motor terá 6 quendas entre o sábado 2 e o domingo 3 de xuño

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sábado 2 e o domingo 3 de xuño terá lugar a sétima edición da Subida á Pontenova, puntuable para o campionato galego de montaña. As verificacións terán lugar o sábado 2 pola mañá e as primeiras quendas da competición comezarán esa mesma tarde. 

A subida terá lugar na estrada LU-4803, concretamente entre os quilómetros 0.45 e 5.25 cunha distancia, polo tanto, de 4,8 quilómetros. Serán 6 quendas, 2 de adestramento e 4 oficiais.

Calcúlase a participacións duns 40 pilotos, entre eles cómpre subliñar a Andrés Vilariño, catro veces campión europeo ou o campión de España, e mailo lucense Sergio Vallejo. 

O evento está organizado por Escudería Pontenova e patrocinado pola Deputación de Lugo e o Concello da Pontenova. Darío Campos, presidente da Deputación lucense, afirmou que é unha “aposta polo deporte do motor como atractivo turístico que promove e dinamiza a economía”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...