InicioDeportesNatxo Lezkano: "É un partido ilusionante, bonito de ver e deses especiais"

Natxo Lezkano: “É un partido ilusionante, bonito de ver e deses especiais”

O primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán confirmou que Henk Norel “adestra en pista”, “é a boa nova”, mais “vaille costar coller a forma”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, primeiro adestrador do Cafés Candelas Breogán, analizou a visita ao Monbús Obradoiro o sábado no Multiusos Fontes do Sar de Compostela a partir das 18 horas na vixésimo primeira xornada da Liga Endesa.

Lezkano comentou é un “partido ilusionante”, “bonito de ver” e “un deses partidos especiais”.

Opinou que “Obradoiro xoga diferente”, “os seus tiradores cobran moita importancia, tiran moito de tres e moi ben” e o equipo compostelán “está no seu mellor intre”.

Por outra banda, contestou que Henk Norel “adestra en pista”, “é a boa nova”, mais “vaille costar coller a forma”. En cambio, opinou que “Ricardo Úriz é un reforzo moi importante” e “de seguro axuda”. Sobre Elijah Millsap, valorou que estas dúas semanas de parón “serviulle para saber” o que queren os lucenses de el, “está a estudar ben, pero hai que ver o exame”. “Veremos neste partido se realmente asimilou”, engadiu.

O Breogán non competiu nas dúas pasadas semanas polas fiestras FIBA. “Non podo reproducir aquí o que penso das fiestras FIBA”, comentou Lezkano.

Por último, sobre a cesión de Herve Kabasele a Real Canoe, respondeu que “aínda lle queda traballo para estar en condicións de xogar”.

Ricardo Úriz: “O parón veume moi ben, voume atopando cada día moito mellor”

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...