InicioDeportesO Club Deportivo Lugo empata con dúas obras de arte de José...

O Club Deportivo Lugo empata con dúas obras de arte de José Carlos Lazo (2-2)

Os lucenses igualaron con dous golazos de José Carlos Lazo de sendos disparos despois de sendas diagonais dende a banda esquerda con golpeo preciso e raso no 1-1 e de rosca fermosísima no 2-2

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo empatou ante o Elche C.F. (2-2) cun doblete de José Carlos Lazo con dúas obras de arte con disparos lonxanos e axustados partindo dende banda esquerda.

Os lucenses dominaron posicionalmente ao comezo con chegadas por banda de José Carlos Lazo e Gerard Valentín. O Elche xeraba a balón parado. No minuto 31, o lateral dereito Alexander González marcou o 0-1 cunha volea dende dentro da área despois de controlar a pelota e disparo axustado ao segundo pau despois dun saque de banda de Juan Cruz e un despexe centrado de Miguel Vieira. Puido empatar o Lugo cun remate de cabeza lixeiramente cruzado de Toni Martínez tras un centro  de José Carlos Ramírez, hoxe lateral esquerdo.

Na segunda metade, empatou José Carlos Lazo cun golazo de disparo dende fóra da área tras conducción e golpeo preciso ao primeiro pau. Volveuse adiantar o Elche con outro golazo, neste caso de Yacine Qasmi, ex da S.D. Compostela, cun disparo á escadra de dereitazo tras pase filtrado de Alexander González. Igualou novamente Lazo cun disparo de rosca fermosísimo tras unha nova conducción perfilándose dende banda esquerda até atopar o ángulo de golpeo. Dende aí, o Lugo puido adiantarse cun disparo de Tete Morente, un remate de cabeza de “Josete” Malagón e outro disparo lonxano de Juan Muñiz. Dende aí, ida e volta para o 2-2 final.

Os lucenses son decimoitavos con 27 puntos, mais perderon o  average polo 2-1 da primeira volta.

Na previa, Manu Rodríguez, ex xogador do Club Deportivo Lugo e autor do gol do ascenso en 2012, foi homenaxeado polo club lucense e pola Federación de Peñas do C.D. Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...