InicioDeportesTerceira derrota consecutiva do Lugo (3-0)

Terceira derrota consecutiva do Lugo (3-0)

Os lucenses, moi inferiores, perderon con claridade en Mallorca e contan con tres puntos de marxe sobre o descenso

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo sumou a súa terceira derrota consecutiva ao perder na súa visita ao R.C.D. Mallorca (3-0) na vixésimo sexta xornada de La Liga 1|2|3. Os lucenses contaron no once titular coas novidades de Hernán Menosse, Giorgi Aburjania, Tete Morente e Manu Barreiro.

Os baleares adiantáronse no minuto 7 cun gol de Dani Rodríguez, volante de Betanzos, ao rematar dentro do área un centro de Ante Budimir.

Xa na segunda metade, o Mallorca ampliou a conta co 2-0, tamén obra do galego Dani Rodríguez, ao cabecear un centro de Lago Junior no minuto 68.

Lago Junior, de penalti, pechou o marcador no tempo engadido.

Os lucenses son decimoitavos con 26 puntos, 3 de marxe sobre o descenso.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

Tiros e un ferido de bala na perna nunha liorta entre dous clans en Lugo

Un home resultou ferido nunha perna con impacto de bala no marco dunha liorta...