InicioDeportesAleksandar Cvetković: "Contra físico, precisamos xogar con cabeza"

Aleksandar Cvetković: “Contra físico, precisamos xogar con cabeza”

O aleiro Johan Löfberg comentou que "vai ser un partido moi duro" e precisan "gañalo" se queren permanecer na Liga Endesa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Aleksandar Cvetković, Johan Löfberg e Natxo Lezkano compareceron en rolda de prensa previa ao partido contra UCAM Murcia o domingo 10 de febreiro no Pazo dos Deportes de Lugo a partir das 17 horas. A conferencia ante os medios de comunicación celebrouse na academia Kids&Us.

Segundo o base Aleksandar Cvetković, UCAM Murcia “xoga moi físico” e “contra físico” precisan “xogar con cabeza”. A nivel individual, comentou que está “moi mellor”, adestrou “normal” e, porén, xogará “seguro” despois de ser baixa por catarro na pasada xornada en Zaragoza.

O aleiro Johan Löfberg declarou que “vai ser un partido moi duro” e que precisan “gañar” se queren “permanecer” na Liga Endesa.

Pola súa banda, Natxo Lezkano, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, afirmou que “probablemente si” é o partido máis importante da temporada. Asegurou que “perder sería un varapalo importante” e “gañar todo o contrario” tras “unha mala racha”. Reflexionou que o Breogán “non” foi “constante durante os 40 minutos en moitos partidos, noutros si”. Citou coma “aspectos claves o rebote e a defensa”.

Lezkano opinou que UCAM Murcia “ven de xogar un partido a moi bo nivel”, subliñou a “confianza que lles poida dar o feito de trocar de adestrador e ver cuestións novas que poden estar adestrando estes días” e “o nivel físico importantísimo” que teñen. “Non podemos xogar ao mesmo que Murcia porque perderiamos”, valorou. “Temos que prepararnos para un partido duro, onde vai ser difícil anotar”, engadiu. Sobre os dous partidos de Sito Alonso coma novo primeiro adestrador, “agora vai ser un equipo que tente levar un ritmo máis alto de partido, que tente correr máis”.

“Precisamos ao Sule que todos coñecemos e que vimos pouco esta tempada”, contestou sobre Emir Sulejmanović. Sobre Elijah Millsap, dixo que “está pouco a pouco mellor” e, en canto a Aleksandar Cvetković, respondeu que estivo “acatarrado”, “non puido entrar” no partido de Zaragoza e “onte adestrou con normalidade”, polo que espera que “non teña problema para xogar” o domingo.

+ posts

ÚLTIMAS

Celtica Pipes Rock! e Grimorium súmanse á música do Arde Lucus xunto a Abraham Cupeiro

Celtica Pipes Rock! e Grimorium incorporáronse á programación musical do Arde Lucus xunto a...

Miguel Fernández lembra que o parque canino foi “arrincado” á Xunta polo anterior goberno local de Lugo

  O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, denunciou hoxe...

Convocadas 17 prazas de bombeiro pola vía de urxencia no Concello de Lugo

A Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente celebrada este venres no Concello de...

Combater a desinformación: Deputación e CPXG impulsan 20 obradoiros en concellos da provincia

  A Deputación de Lugo e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poñerán en...