InicioDeportesDerrota sen paliativos do Club Deportivo Lugo en Soria (3-0)

Derrota sen paliativos do Club Deportivo Lugo en Soria (3-0)

Os lucenses foron claramente superados polo Club Deportivo Numancia con goles do ex céltico David Rodríguez, Nacho Sánchez e Guillermo Fernández

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo perdeu na súa visita ao C.D. Numancia en Soria (3-0).

Os lucenses xogaron coa novidade de Sergio Gil coma titular, así como a volta de “Josete” Malagón despois de cumprir sanción. O dianteiro Toni Martínez e Juan Muñiz novamente coma carrileiro mantivéronse na titularidade.

No minuto 11, David Rodríguez, ex dianterior do R.C. Celta, adiantou aos sorianos cun zurdazo no un para un co porteiro albivermello Juan Carlos Martín despois dunha asistencia de Fran Villalba ás costas dos centrais do Lugo. Previamente, José Carlos Lazo puido adelantar aos lucenses cun disparo de rosca dende fóra do área. E puideron empatar posteriormente cun disparo sen excesivo ángulo de Juan Muñiz.

No minuto 59, o 2-0 para o Numancia cunha definición precisa de Nacho Sánchez ante Juan Carlos Martín despois de recuperar o balón en banda ante “Josete”, non atopar rival algún e plantarse ante o porteiro de Guadalajara. Xa no tempo engadido, Guillermo Fernández cabeceou cara abaixo un centro lateral de Alain Oyarzun para asinar o definitivo 3-0.

No tempo engadido, foi expulsado o central local Alberto Escassi.

Os lucenses mantéñense con 26 puntos, 4 de marxe sobre o descenso.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...