InicioDeportesAtlético Levante, rival do Vilalbés nas semifinais polo ascenso

Atlético Levante, rival do Vilalbés nas semifinais polo ascenso

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Atlético Levante Unión Deportiva será o rival do Rácing Vilalbés na segunda eliminatoria polo ascenso a Segunda División B. A ida será en Vilalba este domingo 3 de xuño dende as 16:30 horas e a volta na cidade deportiva do Levante U.D., en Valencia. Os chairegos superaron por vez primeira unha eliminatoria polo ascenso a Segunda B. O filial do Levante rematou coma campión do sexto grupo de Terceira División. 

Onte, o Rácing Vilalbés superou ao Atlético Pulpileño na quenda de penaltis despois de rematar 0-0 tanto no partido de ida coma no encontra de volta, ademáis da prórroga en Pulpí.

Álex Pérez, José Varela, Pablo Vivero e Diego Villares marcaron os seus penaltis, mentres Xusto errou. O Atlético Pulpileño só marcou dous dos seus catro intentos. O porteiro vicedense Javi Pita, ex Club Deportivo Lugo, foi protagonista parando o último penalti do Pulpileño. Despois, Villares marcou o penalti decisivo.

Foto das canles oficiais do Levante U.D.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...