InicioDeportesAlberto Monteagudo quere fichaxes con minutos xogados esta tempada

Alberto Monteagudo quere fichaxes con minutos xogados esta tempada

Sobre Gerard Valentín, novo xogador do Lugo, contestou que "é un lateral top da categoría", "con moito percorrido, potente, tira cara arriba" e "é polivalente"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Jiménez Monteagudo, primeiro adestrador de Club Deportivo Lugo, analizou a situación do mercado para o equipo lucense. Monteagudo calificou coma “primordial” fichar xogadores que tiveran “minutos” nesta tempada. “Temos opcións de traer un xogador que xa estivo a xogar.Estamos a buscar seguramente algo arriba. Centro da defensa imos ver. Pivotes non. Se hai algo moi, moi especial que poida haber dun contra un poderíamos facelo. Estamos a mirar lateral esquerdo. Podería haber algunha posibilidade dalgún xogador de saír, que non é seguro, na posición de atrás. Imos ver se paga a pena traer un esquerdo (lateral) ou non”, explicou.

Sobre a opción de fichar a Toni Martínez, dianteiro do Rayo Majadahonda cedido polo West Ham, “podería ser unha opción, intersante, hai máis opcións, pese ésa é unha”. “A Toni Martínez eu vino a semana pasada ser titular. Xogou partidos coma titular”, lembrou.

En canto ao Málaga C.F., vindeiro rival este sábado no estadio La Rosaleda dende ás 20:30 horas, é “moi, moi forte defensivamente”, “moi armado, moi hermético, nunca lle perde a faciana ao partido” e “con calidade”. Subliñou que “levan 4-5 goles en saque de banda”, o seu “balón parado” e o seu “xogo directo”.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...