“Josete” Malagón: “A categoría parece Primeira B”

O central albivermello pediu "personalidade", "tranquilidade" e "machacar" cando teñan "oportunidades" para poder gañar este sábado en Málaga

"Josete" Malagón. Foto de laliga.es

“Josete” Malagón, central zurdo do Club Deportivo Lugo, afirmou que LaLiga 1|2|3 “é unha categoría que parece Primeira B” e, na súa opinión, o equipo lucense completou unha primeira volta “ben, na liña do que é a liga, igualada”.

Reflexionou sobre o empate ante o Extremadura U.D. (1-1) na casa na pasada xornada: “Tivemos uns bos minutos, até o minuto 12, 15. A partir de aí, tomaron eles o mando do partido. Non sabiamos se saír, se meternos. Tivemos certos dúbidas até que chegou o descanso. Eles foron mellores. Na segunda metade fomos mellores”. Engadiu que o punto “non” lles deixa “de todo satisfeitos”.

O Lugo competiu cun esquema de tres centrais o pasado domingo. O central afirmou que “as variantes, traballándoas ben, poden ser boas” e “benvida sexa outra posible alternativa”.

Calificou ao Málaga C.F., vindeiro rival este sábado no estadio de La Rosaleda a partir das 20:30 horas, coma “un equipazo”. “Sendo nós, hai que ter personalidade, ser un equipo, remar todos na mesma dirección, ter tranquilidade e, cando teñamos as nosas oportunidades, machacar”, adiantou coma receitas para gañar en Málaga.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here