InicioDeportesApoteose maxistral dun Breogán excelso en ataque e en defensa (84-71)

Apoteose maxistral dun Breogán excelso en ataque e en defensa (84-71)

O traballo sobresaliente coral do equipo lucense aupoulle á vitoria grazas á súa defensa e mailo acerto na anotación, especialmente nas triplas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán gañou ao Real Madrid (84-71) despois dun partido formidable onde destacou en defensa e no acerto na anotación, especialmente nas triplas. Os breoganistas suman o seu terceiro triunfo da tempada, todos eles no Pazo, onde hoxe viviuse un día para lembrar con prácticamente cheo nas bancadas e ante o delirio da afección, que desfrutou cada xogada. O Real Madrid anotou a súa primeira tripla no terceiro cuarto e só estivo acertado a nivel exterior no derradeiro cuarto cando o Breogán asinara a maior vantaxe: 26 puntos (73-47).

Os primeiros intres foron protagonizados por Aleksandar Cvetkovic, con 8 puntos para a primeira vantaxe breoganista (10-9). Cun palmeo de Walter Tavares remata o primeiro cuarto co Real Madrid por diante (20-21).

No segundo cuarto, o protagonista foi Salva Arco, que xogaba o seu primeiro partido no Pazo nesta tempada. Anotou 9 nove puntos prácticamente consecutivos. Cunha tripla de Christian Díaz, que confirmou a súa melloría, o Breogán colocábase 7 arriba (34-27). O conxunto lucense ampliaba a diferenza até o 45-34 cando se chegaba ao descanso despois de dous mates de Romaric Belemene, que vira reducido o seu minutaxe nos partidos previos.

Dúas triplas consecutivas de Johan Löfberg e 4 puntos tamén case seguidos de Salva Arco ampliaban a distancia a prol do Breogán no terceiro cuarto, que remataba o terceiro parcial con 23 puntos de marxe (70-47). O Real Madrid anotou a súa primeira tripla ao comezo deste terceiro cuarto a través de Jaycee Carroll.

No comezo do derradeiro parcial, o Breogán colocouse coa súa maior vantaxe a favor: 26 puntos (73-47). Dende aí, o Real Madrid reduciu distancias con acerto nas triplas a través de Sergi Llull (dúas), Klemen Prepelic (tres) e Santi Yusta (unha). Colocáronse 77-64, pero contestou Alec Brown cunha tripla. Posteriormente, unha penetración a aro pasado de Aleksandar Cvetkovic poñía terra de por medio (82-69). O Breogán xestionou con solvencia o treito final.

Salva Arco e Johan Löfberg foron os máximos anotadores do Breogán, con 13 puntos, polos 14 de Sergi Llull e Klemen Prepelic no Real Madrid.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...