InicioDeportesAlberto Monteagudo, sobre a U.D. Almería: "Esixe moito pola intensidade que lle...

Alberto Monteagudo, sobre a U.D. Almería: “Esixe moito pola intensidade que lle mete”

O primeiro adestrador albivermello confirmou as baixas por lesión de Carlos Pita, Guille Donoso e Serge Leuko, así como as molestias de Jean Marie Dongou e Iriome González

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Jiménez Monteagudo, primer adestrador de Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa previa á visita da Unión Deportiva Almería no estadio Juegos Mediterráneos o domingo a partir das 20 horas na decimoitava xornada de La Liga 1|2|3.

Monteagudo afirmou que “dúas vitorias seguidas son clave en Segunda División”.

Confirmou as baixas de Carlos Pita, Guille Donoso e Serge Leuko por lesión. No caso de Pita, “segue coa súa recuperación bastante mellorado”. No caso de Borja San Emeterio, xa está dispoñible, pero “falto de ritmo”. Tamén comunicou as molestias de Jean Marie Dongou e Iriome González, pero, neste último caso, “mañá, en principio, estará”.

Analizou que a U.D. Almería é un equipo “con moita fame”, “moi traballador e comprometido”, “esixe moito pola intensidade que lle mete, apreta todos os balóns, vai buscarte á túa área”. Destacou a nivel individual a “José Corpas e Luis Rioja”, cun “nivel moito alto” pese a vir de “Segunda B”, así como “Álvaro Giménez, Juanjo Narváez e César de la Hoz”.

Por último, valorou que a situación deportiva do Reus Deportiu coa súa posible desaparición por impagos “é moi triste” e Monteagudo opinou que el “quitaría a todo o mundo os puntos”.

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...