InicioDeportesDestinaranse tres millóns de euros ó proxecto de reforma do estadio Anxo...

Destinaranse tres millóns de euros ó proxecto de reforma do estadio Anxo Carro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia espera licitar en xaneiro de 2025 a obra de reforma do estadio Anxo Carro de Lugo, para a que destinará case 3 millóns de euros, coa idea de poder comezar os traballos en xuño. Precisamente o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo presidente de Club Deportivo Lugo, Tino Saqués, visitou este luns o campo, despois de que se asinase o contrato de redacción do proxecto de reforma o pasado luns, día 20 de maio.

Hoxe, tras a reunión mantida entre representantes da Xunta, o equipo redactor e o club, enviouse ao Concello o anteproxecto, para que os técnicos municipais poidan avaliar aspectos técnicos mentres se redacta o proxecto definitivo. A previsión é que en setembro a Xunta pedirá a licenza de obra ao goberno local, tras dispor xa do proxecto redactado, co obxectivo de empezar os traballos “canto antes”, licitándose en xaneiro. “A idea é ter o contrato asinado en maio e comezar en xuño a obra, sempre que se conte coa licenza municipal”, engadiu a Xunta nun comunicado.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...