InicioDeportesUn Lugo xerador pero ineficaz ante o gol cae eliminado na Copa...

Un Lugo xerador pero ineficaz ante o gol cae eliminado na Copa do Rei (2-0)

Os lucenses crearon ocasións de gol dende a primeira xogada e competiron até o desconto, cando chegou o 2-0 final, pero non estiveron atinados ante a portería rival, así como cometeron un erro defensivo que supuxo o vinculante 1-0

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo caeu eliminado na Copa do Rei despois de perder contra o Levante U.D. (2-0) na volta de dieciseisavos de final.

Os lucenses, que xogaron con tres centrais con Guille Donoso, titular por vez primeira na tempada, e Vasyl Kravets como carrileiros, foron superiores en treitos importantes do partido. De feito, xa na primeira xogada, Juan Muñiz, activísimo e que tivo catro opcións de gol froito da súa destreza, disparou dende lonxe despois dun recorte e Aitor Fernández desviou tras golpear o balón no pau. O Lugo tivo opción novamente no saque de esquina. Dende aí, o Levante mellorou. Borja Mayoral tivo unha ocasión ante Alberto Varo, porteiro titular hoxe no Lugo como é habitual en Copa, pero o seu zurdazo (a perna máis hábil de Mayoral é a dereita) marchou excesivamente cruzado. Os lucenses tamén tiveron unha ocasión despois dun bo centro de Jona Mejía cara o segundo pau, onde a piques estivo de chegar Antonio Campillo. Jona apenas amosou movilidade e só tivo outra opción de gol nunha chilena.

Na segunda metade, os lucenses foron netamente superiores. Xeraron e xeraron. Posesión do Levante e chegadas do Lugo. Iso sí, Raphael Dwamena tivo opción, pero o seu disparo foi detido por Alberto Varo. Jean Marie Dongou, que entrou na segunda metade, tivo un un para un ante Aitor Fernández que foi detido polo porteiro vasco. Despois dun saque de esquina do Levante, o Lugo contragolpeou, Dongou asiste a Eduard Campabadal, que entrou polo lesionado Guille Donoso, non atinou nun novo un para un ante Aitor Fernández. José Gómez Campaña tivo tamén opción para o Levante nun disparo ao pau ante Varo. No rexeite, Mayoral golpeou alto. No minuto 77, Alberto Jiménez Monteagudo, adestrador do Lugo, retirou a un central (Miguel Vieira) e introduciu a un dianteiro (Dani Escriche). Os locais marcaron o 1-0 nun saque de esquina que Coke Andújar cabeceou a gol no segundo pau despois dun erro defensivo. Xa no desconto, Alberto Varo subiu a rematar un córner, quedouse despois do rexeite e, tralo despexe, Raphael Dwamena conduciu dende campo propio a gol pese ao esforzo de Bernardo Cruz en chegar a taponar.

ÚLTIMAS

Besteiro sobre a pintada con insultos na sede socialista en Lugo: “Non imos permanecer indiferentes”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, alertou este martes da "polarización...

O San Froilán 2025 presenta o seu cartel oficial con Iván Mouronte

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto ao...

Luz verde da Xunta á ampliación e legalización do albergue de animais domésticos de Lugo

A Xunta deu luz verde este martes á "declaración de incidencia ambiental de actividade" para un...

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...