O Club Deportivo Lugo perdeu na súa visita a Club Atlético Osasuna (1-0) cun gol de Íñigo Pérez ao rematar un saque de esquina.
Os lucenses fueron superiores na primeira metade sendo moi profundos e xerando ocasións. Activísimos Dani Escriche y Cristian Herrera creando e chegando a posicións de remate ante un Osasuna que baseaba o seu xogo nas chegadas por banda con centros cara a segunda liña, pois non xogan con dianteiro centro puro porque Juan Villar é máis segundo dianteiro, un chegador por definición.
De tódolos xeitos, Osasuna tivo a primeira situación de perigo cun remate de Roberto Torres despois dun centro de Carles Clerc. O disparo foi desviado pola defensa lucense. Intres despois, Cristian Herrera tivo a primera ocasión para o Lugo cun disparo de falta que se marchou a rentes do primeiro pau. Pouco antes do cuarto de hora, Juan Villar imponse a Miguel Vieira e remata noutro centro lateral, neste caso de Roberto Torres, e Juan Carlos Martín, porteiro do Club Deportivo Lugo, solventou cun paradón. Mediado o primeiro parcial, volea de Oier Sanjurjo, ex xogador do R.C. Celta de Vigo, que desvía a cobertura albivermella. Respondeu o Lugo cunha nova acción xerada por Cristian Herrera e Dani Escriche. Logo, no minuto 32, balón longo preciso e marabilloso de Vasyl Kravets para o desmarque de José Carlos Lazo, que no un para un contra o galego Rubén Martínez, porteiro de Osasuna, non definiu con precisión. Antes do descanso, balón filtrado de Lazo cara Escriche, cuxo zurdazo potente foi desviado por Rubén Martínez.
Osasuna modificou no descanso o seu plantexamente e introduciu ao mediocentro creativo Íñigo Pérez, decisivo á postre co seu gol, e substituiu ao central Aridane Hernández. Así a todo, o Lugo volveu ser superior con chegadas de Cristian Herrera e Dani Escriche dende o primeiro intre da segunda metade. No minuto 58, conducción de Lazo, disparo axustado e Rubén Martínez desviou o golpeo raso. No minuto 65, Cristian foi substituído por Jona Mejía.
Nos derradeiros intres, Osasuna sí foi máis ofensivo. Nacho Vidal, carrileiro dereito que entrou no minuto 68, disparou a bocaxarro despois dunha deixada de cabeza de Rubén García, pero Juan Carlos Martín desviou nun novo paradón. Despois dun saque de esquina botado en corto por Roberto Torres, José Carlos Lazo non acode á vixilancia con Rubén García, o xogador valenciano centra e Íñigo Pérez, libre de marca, golpea o balón de xeito mordido, pero entra na portería polo segundo pau. O Lugo buscou o empate, pero non tivo opcións no desconto.