InicioDeportesQueres coñecer ao piloto Jorge Prado e estar no Campionato de España...

Queres coñecer ao piloto Jorge Prado e estar no Campionato de España de Motocrós?

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os xornais de Lugo, en colaboración co Concello de Lugo, sorteamos tres entradas dobres (para quen a gañe e un acompañante) para asistir ao Campionato de España de Motocrós no circuíto municipal Jorge Prado de Lugo o 24 e o 25 de febreiro.

A gran cita galega será a segunda da tempada e constará de competicións nas tres clases superiores do campionato, MX1, MX2 e 125 c.c. Do mesmo xeito que o ano pasado estarán na grella os mellores pilotos nacionais e unha boa representación internacional, nun último exame antes de arrincar o Mundial. En 2023, Rubén Fernández subiu ao máis alto do podio por diante de Jorge Prado e Yago Martínez. Esta competencia volverá ser o aliciente da convocatoria, xa que a carreira de Lugo será toda unha homenaxe ao rider lucense, Campión do Mundo de MXGP, que confirmou a súa presenza na pista que leva o seu nome.

Está será a única carreira de pretempada na que participe Prado, quen deberá concentrar a súa pretempada e test técnicos en só mes e medio, unha vez concluída a súa experiencia americana no supercrós. O evento no circuíto lucense servirá para homenaxear o título mundial  e animalo ante o  reto do Mundial 94, no que lucirá o número 1 sobre a súa Gas Gas.

Previsiblemente, a entrega das entradas será este venres no Concello da man de Jorge Prado. Podes participar no sorteo ata este mércores aquí.

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...