InicioDeportesUn Lugo novamente vertical suma un empate en Reus (0-0)

Un Lugo novamente vertical suma un empate en Reus (0-0)

Os lucenses, que suman 13 puntos, contaron coas novidades de Antonio Campillo, Cristian Herrera e Dani Escriche no once titular e volveron amosar una notable verticalidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo sumou un punto en Reus (0-0) e contabiliza 13 puntos. Os lucenses foron novamente competitivos e profundos. Os lucenses contaron coas novidades de Antonio Campillo, Cristian Herrera e Dani Escriche no once titular.

Os lucenses dominaron ao comezo. Aínda así, o Reus Deportiu tivo unha clara ocasión na primeira metade despois de que unha tentativa de golpeo en longo do porteiro albivermello Juan Carlos Martín petara no dianteiro local Miguel Linares e o rexeite pasou a rentes do pau dereito do Lugo. Os lucenses tamén tiveron a súa opción nun balón filtrado por Antonio Campillo dende a media lúa do área, desmarque de Dani Escriche e o lateral dereito local, o mosense Ángel Bastos, tirándose ao chan, desviaba dabondo para impedir o golpeo franco de Escriche.

Na segunda metade, o Reus tivo tamén unha nova opción despois dun centro dende banda esquerda do lateral esquerdo Borja Herrera, Miguel Linares loitou na disputa no área, o balón quedou dividido e Fran Carbià finalizou alto. O Lugo contestou cunha falta indirecta de Juan Muñiz, dende o perfil dereito, que peiteou excesivamente elevado Cristian Herrera. Volveu cargar o Lugo cunha caída a banda esquerda de Fernando Seoane, cuxo centro non foi rematado en boca de gol.

Cuarto partido que o Lugo non encaixa gol nesta La Liga 1|2|3.

ÚLTIMAS

Estabilizado un incendio forestal en Pantón que afecta a unhas 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...