InicioDeportesUnha rúa en Lugo para Quique Setién

Unha rúa en Lugo para Quique Setién

Despois de once anos na Segunda División, onte o Club Deportivo Lugo rematou a mellor etapa da súa historia, a que comezou no ano 2009 da man de Quique Setién

PUBLICADA O

- Advertisement -

Onte foi un día triste para Lugo. Despois de máis dunha década na Segunda División, o equipo da nosa cidade volverá á terceira categoría. Foi un domingo de bágoas, de amargura, pero tamén de nostalxias e de agradecemento ao recordar moito a quen cambiou a nosa historia alá polo 2009 -cando chegou ao banco albivermello en 2ª B e comezou a súa andaina lucense- Don Enrique Setién Solar.

Eu díxeno sempre, pero agora máis aínda tralo paso do tempo… once anos despois de que nos levase a Segunda co mellor xogo que recordamos en Lugo, once anos despois de poñernos no mapa do fútbol, estou moi seguro de que Quique Setién merece unha rúa na nosa cidade.

Está claro que en calquera obxectivo, e máis nos deportes colectivos, os triunfos e as derrotas son sempre compartidos, pero está claro tamén que as lendas existen e no fútbol da nosa cidade non a hai máis grande que a do adestrador cántabro.

Cambiou o noso fútbol, fíxonos sentir máis orgullosos que nunca do noso equipo, internacionalizounos (véxase o caso de Gonza Bobadilla C.D. Lugo Argentina ou véxanse tantos partidos que puidemos ver dende o estranxeiro por canles de medio mundo) e incluso axudou, e moito, a proxectar a imaxe da nosa cidade e da nosa provincia polo planeta.

Eu, que levo indo ao Anxo Carro dende os 8 ou 9 anos, pero que son máis de basket, engancheime máis que nunca ao fútbol albivermello grazas a Quique… sempre o digo, ningunha alegría máis grande que os ascensos do Breo, o ascenso do Lugo do 2012, e o Mundial de Arxentina (o meu pai e de alá) o pasado mes de decembro… por que? Porque ningunha outra alegría a compartín con tantas e tan queridas persoas. A mellor parte do deporte, e o principal motivo para reivindicar unha rúa para quen nos fixo tan felices. Como comprobar a lenda? Empezando a cantar en calquera festa lucense “Qui-que-se-tién”… grazas sempre, míster! Imposible non emocionarse botando a vista atrás

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...