InicioDeportesUn doblete de Sory Kaba derrota ao Club Deportivo Lugo (2-1)

Un doblete de Sory Kaba derrota ao Club Deportivo Lugo (2-1)

O Elche foi superior dende o comezo a un Lugo que só inquedou despois do 1-0 e no desconto. José Carlos Lazo marcou o seu terceiro gol oficial esta tempada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo perdeu na súa visita ao Elche C.F. (2-1) nun partido no que o equipo ilicitano foi netamente superior dende o comezo dominando o balón, sendo profundo e buscando con ambición a portería de Juan Carlos Martín. Así, no minuto 17, Sory Kaba adiantaba ao Elche despois dunha fermosa maniobra dentro do área e disparar forte e cruzado a gol. A partir de aí, o Lugo mellorou. Buscou xerar fútbol con Carlos Pita, que tamén tivo algunha chegada interesante en tres cuartos coma un disparo lonxano que marchou fóra, e coa amplitude co lateral esquerdo Vasyl Kravets, que non estivo eficaz. Eduard Campabadal tamén se proxectou por banda dereita recuperando sensacións trala súa longa lesión. É o seu terceiro partido oficial esta tempada.

Na segunda metade, o Elche volveu ser protagonista dominando o balón e tendo más opcións para marcar o 2-0. O Lugo tivo a súa primeira ocasión de gol cun cabezazo de “Josete” Malagón no minuto 47. En cambio, o extremo albivermello José Carlos Lazo entrou no minuto 58 e, despois de avisar con dúas xogadas desequilibrantes, marcou o 1-1 no minuto 72 tras finalizar unha falta indirecta botada por Carlos Pita collendo desprevenida á defensa do Elche. Terceiro gol oficial de Lazo esta campaña ao aportar dous en Liga e un en Copa. Dous minutos despois, acción individual de Sory Kaba, que controla de espaldas, xírase, conduce o balón e o seu disparo ao borde do área supuxo o 2-1. A partir de aí, o Lugo buscou o empate, pero sen ocasións claras. Incluso, o Elche puido ampliar a distancia en varios contragolpes.

ÚLTIMAS

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...