InicioDeportesVasyl Kravets, convocado por vez primeira coa selección absoluta de Ucraína

Vasyl Kravets, convocado por vez primeira coa selección absoluta de Ucraína

O lateral esquerdo está citado para un amigable contra Italia en Genoa o 13 de outubro e contra a República Checa o 16 de outubro en partido correspondente á UEFA Nations League

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vasyl Kravets, lateral esquerdo do Club Deportivo Lugo, foi convocado por vez primeira coa selección absoluta de Ucraína para un amigable contra Italia en Genoa o 13 de outubro e contra a República Checa en partido da UEFA Nations League en Kharkiv o 16 de outubro. O seleccionador é Andriy Shevchenko, ex xogador do AC Milan e Balón de Ouro en 2004.

Pola súa banda, o mediocentro Giorgi Aburjania tamén foi citado pola selección absoluta de Xeorxia para xogar dous encontros da UEFA Nations League: contra Andorra en Tibilisi o 13 de outubro e tres días despois visitando a Letonia en Riga.

Ámbolos dous xogadores viaxarán ás súas respectivas convocatorias tralo partido de mañá en Elche.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...