InicioDeportesSergi Vidal ficha polo Club Baloncesto Breogán

Sergi Vidal ficha polo Club Baloncesto Breogán

O escolta cumprirá a súa vixésima tempada na Liga ACB despois de defender as cores de equipos como Joventut, Baskonia, Real Madrid ou Unicaja

PUBLICADA O

- Advertisement -

O escolta Sergi Vidal Plana é novo xogador do Club Baloncesto Breogán para a nova tempada na Liga Endesa procedente do Club Joventut de Badalona, onde competía dende 2014 e onde previamente se formou na súa canteira ata xogar co primeiro equipo na campaña 1999-2000. O exterior, de 37 anos e 1.99 metros de estatura, leva 19 tempadas consecutivas na Liga ACB cun promedio total de 6.4 puntos, 2.6 rebotes, 1.8 asistencias e 1 recuperación par 8.3 de valoración. Foi campión da ACB en 2002 e 2008 e da Copa do Rei en 2002, 2004, 2006 e 2009 con Baskonia. Subcampión da Euroliga en 2001 e 2005 con Baskonia. Foi campión Supercopa ACB en 2005, 2006, 2007 e 2008 tamén con Baskonia.

Formouse na canteira do Joventut, xogou co primeiro equipo na tempada 1999-2000, etapa en Baskonia entre 2000 e 2009, Real Madrid entre 2009 e 2011, Gipuzkoa Basket na campaña 2011-2012, Unicaja Málaga entre 2012 e 2014, así como novamente no Joventut entre 2014 e este 2018.

A nivel individual, conseguiu dúas nominacións como xogador da xornada (nas tempadas 2011-12 e 2015-2016), catro nominacións como xogador nacional da xornada (2001-2002- 2001-2002, 2004-2005 e 2004-2005), MVP de marzo de 2012 e membro do mellor quinteto da Liga ACB 2011-2012. Foi mellor xogador do campionato de España júnior en 1999 co Joventut.

É internacional absoluto con España, así como internacional xove, sub-21, sub-20 e cadete. Debutou en agosto de 2005, competiu no Eurobasket 2005 e xogou as fiestras FIBA o pasado novembro de 2017 e febreiro do presente 2018. Conquistou a medalla de bronce coa selección española xove no campionato de Europa en 2000.

Ademáis, participou no Nike Eurocamp en Barcelona en 1999 e no Nike Hoop Summit en 2000 coa selección internacional.

 

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...