InicioDeportesO C.D. Lugo perde ante un Rayo Majadahonda moi superior (1-0)

O C.D. Lugo perde ante un Rayo Majadahonda moi superior (1-0)

O equipo albivermello foi dominado ante un rival que, dende o comezo, circulou o balón con moita fluidez e coherencia, foi profundo e presionou alto ante un conxunto lucense que só mellorou no treito final co desequilibrio de José Carlos Lazo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo foi superado amplamente (1-0) polo Rayo Majadahonda no peche da cuarta xornada de La Liga 1|2|3. O Majadahonda combinou o balón con fluidez e coherencia, chegando con profundidade e recuperando o balón en tres cuartos. Todo dende a segunda xogada, tras unha primeira posesión lucense que rematou con saque de esquina favorable ao Lugo. No minuto 3, conducción de Enzo Zidane, pase ao espazo cara Aitor Ruibal e o disparo deste último foi excesivamente amodo e Juan Carlos Martín blocou. Ruibal apenas tiña ángulo e o seu golpeo foi excesivamente precipitado quizais. Posteriormente, centro perigoso de Enzo Zidane, Juan Carlos sae, desvía e doble disparo de Ernesto Galán e Isaac Carcelén, o primeiro desviado pola defensa lucense o segundo non colle portería. Intres despois, xogada veloz e elaborada dos locais, centro de Ernesto Galán e chilena de Aitor Ruibal lixeiramente fóra. O Lugo respondeu cun balón longo de Luis Ruiz, Jean Marie Dongou asóciase con Jona Mejía e éste disparou arriba dende fóra do área. Posteriormente, Fernando Seoane erra nun pase, Aitor Ruibal conduce e o seu disparo lonxano foi detido en dous tempos por Juan Carlos. No minuto 27, recuperación do Rayo Majadahonda en mediocampo ante Jean Marie Dongou, o balón chega a Aitor García, o home dos golazos fai dúas tempadas no Cádiz C.F., cuxo zurdazo final entrou na portería preto da escadra esquerda marcando o 1-0, á postre, definitivo. O Lugo buscou o empate nunha falta indirecta botada por Antonio Campillo e José Carlos Ramírez cabeceou ao longueiro. Ao borde do descanso, Carlos Pita lanzou unha falta directa lixeiramente fóra da portería de Basilio Sancho, gardamallas local.

Ao comezo da segunda parte, xogada entrelazada velozmente polo Rayo Majadahonda, que remata cun disparo de Aitor Ruibal ante Juan Carlos, quen para con seguridade. No minuto 62, cabezazo de Nicolás Schiappacase, Aitor Ruibal corre ao contraataque, gaña a carreira e o seu zurdazo é desviado finalmente por Juan Carlos. Nicolás Schiappacase puido marcar tamén o 2-0 nunha xogada individual partindo de banda esquerda, mais o seu dereitazo marchou lixeiramente cruzado. O Lugo mellorou no último treito coa entrada de José Carlos Lazo, sempre vertical e desequilibrante, Cristian Herrera e Dani Escriche. O Rayo Majadahonda castigou en combinación e, na segunda metade, tamén claramente ao contragolpe. Un centro perigoso de José Carlos Lazo, tras xogada individual do gaditano, foi rematado excesivamente alto por Cristian Herrera á altura do primeiro pau. No minuto 80, Pita dispara unha falta directa e Basilio desviou de puños. Segundos despois, o Lugo botou un saque de esquina, Iriome prolonga no primeiro pau e o central albivermello José Carlos Ramírez a piques está de rematar no segundo pau. Cun saque de esquina non aproveitado polo Lugo e un posterior saque de banda tamén favorable rematou o partido.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...