InicioDeportesDerrota inaugural dun C.B. Breogán limitado na rotación (65-76)

Derrota inaugural dun C.B. Breogán limitado na rotación (65-76)

O equipo breoganista perdeu ante o o conxunto arxentino Obras Sanitarias no primeiro amigable de pretempada, celebrado en Sarria

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán perdeu (65-76) no primeiro amigable de pretempada, celebrado en Sarria, ante o equipo arxentino Obras Sanitarias. O conxunto lucense non puido contar con Ricardo Úriz, Lucio Redivo, Tarence Kinsey e Henk Norel, mentres que Alec Brown lesinouse segundos despois do primeiro minuto de xogo. Úriz, Redivo e Norel sofren diferentes doenzas físicas, mentres Kinsey, última fichaxe polo de agora, está pendente de chegar a Lugo.

O Breogán comezou atinado con dúas triplas e impoñéndose claramente cun 8-0 inicial. Pasado o primeiro minuto de xogo, o pívot Alec Brown lesionouse no nocello esquerdo e non volveu competir. O base-escolta serbio Aleksandar Cvetkovic aportou dez puntos no primeiro cuarto, pero non volveu aportar anotación. A intensidade de Salva Arco dominaba tamén o partido en ámbolos dous lados da cancha. Os breoganistas acadaron unha máxima vantaxe de quince puntos (33-18 e 35-20). Cunha leva melloría visitante, chegábase ao descanso (40-28).

Co paso dos minutos, Obras Sanitarias, con doce xogadores fronte aos oito do Breogán trala lesión de Alec Brown, foi gañando vantaxe. Empatou o partido a 56 puntos, adiantouse co 56-58 por vez primeira no partido. Comezou mover mellor o balón, atopar tiros máis liberados e ir gañando vantaxes.

Johan Lofberg, con 16 puntos, foi o máximo anotador breoganista, seguido por Volodymyr Gerun, con 15. Pola súa banda, Maurice Kemp e Dion Dixon, ámbolos dous con 15 puntos, foron os maiores anotadores de Obras Sanitarias.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...