InicioDeportesO Club Deportivo Lugo visitará o Wanda Metropolitano o luns 10 de...

O Club Deportivo Lugo visitará o Wanda Metropolitano o luns 10 de setembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo visitará o estadio Wanda Metropolitano o luns 10 de setembro a partir das 20 horas en partido da cuarta xornada de La Liga 1|2|3 ante o C.F. Rayo Majadahonda, segundo confirmou La Liga. O encontro será televisado por LaLiga123TV.

O Wanda Metropolitano é o estadio onde o Club Atlético de Madrid xoga como local e será a sede da final da Champions League en 2019.

O Rayo Majadahonda xogará por vez primeira na súa historia en Segunda División e nas súas filas destaca o ex central do Club Deportivo Lugo Jorge García Torre. Os madrileños competirán no Wanda Metropolitano os primeiros meses de competición por obras no Cerro del Espino, o seu estadio habitual.

Ademáis, o Lugo recibirá ao Real Oviedo na quinta xornada de liga o domingo 16 de setembro dende as 16 horas. 

Por outra banda, La Liga confirmou que o Club Deportivo Lugo visitará ao Albacete Balompié no estadio Carlos Belmonte na segunda rolda da Copa do Rei o xoves 13 de setembro a partir das 20 horas en partido televisado por beIN Sports.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...