Home Deportes O lucense Iago Rodríguez ficha por Segovia Futsal

O lucense Iago Rodríguez ficha por Segovia Futsal

0
O lucense Iago Rodríguez ficha por Segovia Futsal
Iago Rodríguez, na súa etapa en Ribera Navarra F.S. Foto de "Diario de Navarra".

O ala lucense Iago Rodríguez Ulla é novo xogador de Segovia Futsal, equipo de Primeira División, procedente de Peñíscola RehabMedic.

Iago Rodríguez, de 25 anos, cumprirá a súa oitava tempada en Primeira División despois de xogar no Azkar Lugo F.S. (2011-2015), C.D. Burela F.S. (2015-2017), Aspil-Vidal Ribera Navarra F.S. (2017-2018) e Peñíscola RehabMedic (2017-2018).

Formouse na canteira do Azkar Lugo F.S. sendo campión da liga autonómica xuvenil en 2010. Co primeiro equipo do Azkar Lugo proclamouse gañador da Copa Xunta de Galicia en 2013.

O lucense será compañeiro do tamén lucense Antonio Diz. 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here